Cabe destacar que na mostra inclúense pezas de roupa do fogar, complementos, mobles restaurados, bonecas ou cadros ao óleo, polo que os visitantes da exposición poderán comprobar as destrezas adquiridas polas socias.
Ao mesmo tempo, a oferta de actividades da asociación durante o curso foi moito máis ampla, incluíndo tamén clases de ioga, adornos florais, pandeireta ou cociña, entre outras iniciativas lúdicas que Mulleres de San Ciprián pon en marcha co obxectivo de dar opcións de entretemento ás 160 socias que ten na actualidade.
Unha mostra que se inaugurou este mediodía nun acto ao que asistiu o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada, a directiva da asociación Mulleres de San Ciprián, entre a que se atopaba a súa presidenta, Amparo Pernas, e multitude de socias.
A exposición estará aberta de 17 a 20 horas de luns a sábado.