Site icon Crónica3.com A Mariña

Música e radio control de barcos esta fin de semana en Cervo

O municipio cervense acolle esta fin de semana diferentes actividades organizadas en colaboración co Concello. O sábado ás 22.00 horas terá lugar o concerto de Malvela no auditorio da Casa da Cultura con motivo das festas do Carme. E o domingo a piscina de Lieiro acollerá unha xornada de navegación de radio control e unha exposición de barcos estáticos entre as 16.00 e as 18.30 horas. Baixo a organización da comisión de festas do Carme, Os Aventados e o Concello, celebrarase na praza dos Campos o primeiro Encontro de Corais a partir das 20.00 horas coa participación do Coro da Villa de Navia e Escolma de Meus.

Exit mobile version