Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela destaca que “os prazos comprometidos pola Xunta de Núñez Feijóo co acceso ó porto estanse a cumprir”

Burela, 19 de xullo de 2014. O alcalde de Burela, José María González Barcia, afirmou que “o goberno do presidente Núñez Feijoo está a cumprir con rigor e seriedade os prazos comprometidos no seu día para levar a cabo as obras do acceso ao porto de Burela”, logo de coñecer o número de ofertas presentadas ante a Xunta, un total de vintedúas, para levar a cabo as obras.

González Barcia, que recalcou que “esta obra é fundamental para o desenvolvemento do noso porto, polo que se significa de elemento dinamizador da nosa economía, e tamén para o desenvolvemento urbano de Burela”, indicou que a Consellería de Medio Ambiente anunciara no seu día que durante este verán se levarían a cabo os trámites administrativos para a adxudicación da obra, e “todo apunta a que así vai ser. O presidente Feijoo é moi consciente do que significa esta obra, e tamén o é a conselleira de Medio Ambiente Ethel Vázquez, que, por certo, coñece a obra á perfección, xa que dende a Axencia Galega de Infraestruturas levou a redacción e aprobación do novo proxecto da obra”.

O alcalde burelés asegurou que “o presidente Feijoo atendeu en todo momento os nosos plantexamentos e as nosas peticións, aínda en momentos de dificultade económica; e tamén o fixo o anterior conselleiro, Agustín Hernández. Agora toca darlle continuidade ao proceso para que este ano comecen as obras que tanto desexamos polo beneficio que representan para Burela”.

Exit mobile version