Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo felicita ó veciño de San Román José María Rúa polo seu 100 aniversario

homenaxe_centenarioCervo, 5 de xullo de 2014- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil Pilar Armada visitaron este sábado a José María Rúa Fernández, veciño de San Román, que cumpriu 100 anos o día 24 de xuño. Villares e Armada felicitaron ao centenario polo seu aniversario, e entregáronlle un prato de Cerámica de Sargadelos co escudo do Concello en sinal de agarimo e recoñecemento. Durante a visita estiveron tamén presentes varios membros da familia, entre eles o seu fillo, a súa nora e a súa neta.

O rexedor deulle os seus parabéns e felicitouno “por manter ese bo humor tan particular que tivo sempre e por contaxiarnos a todos co seu positivismo”. Ao mesmo tempo, Villares transmitiulle todos os seus bos desexos de saúde e de benestar “por moitos anos máis”.

Nestes momentos José María Rúa é o home máis lonxevo do concello, non así o veciño de máis idade xa que hai unha muller de San Cibrao que xa chegou aos 101 anos.

Exit mobile version