Site icon Crónica3.com A Mariña

O Barco Museo Reina del Carmen acollerá un acto este mércores para conmemorar a festividade da patroa dos mariñeiros

Burela, 15 de xullo de 2014. O barco museo Reina del Carmen acollerá este mércores, 16 de xullo, un acto para conmemorar a festividade da patroa dos mariñeiros. Será a partires das 12 do mediodía, segundo acaba de dar a coñecer a concelleira de Mar, Patricia López Eijo.

A edil popular dixo que “como xa se fixo o ano pasado o Concello de Burela, a través da Concellería do Mar, organiza un acto no barco museo Reina del Carmen para conmemorar a festividade da patroa dos mariñeiros. O acto vai ser moi sinxelo: vai interpretar unhas pezas musicais o cuarteto de corda da Escola Municipal de Música e haberá un responso na honra da Virxe do Carme como recordo aos náufragos”.

A celebración dará comezo ás 12 do mediodía. Á mesma están invitados os representantes da confraría de pescadores, de Armadores de Burela, da Organización de Productores Pesqueros (OPP) e da Asociación de Xubilados da Moncloa.

López Eijo engadiu que “entendemos que dende o Concello debemos celebrar este día tan especial para a xente do mar”.

Exit mobile version