Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG chama a manifestar a repulsa ó ataque de Israel nunha concentración de apoio a Palestina

A formación nacionalista promove unha concentración cidadá, en réxime de autoconvocatoria, para mañá martes, ás 20h. diante do concello de Foz.

A Mariña, 14 de xullo de 2014. O Bloque Nacionalista Galego na Mariña chama á sociedade mariñá a manifestar a condena á actuación xenocida de Israel coa convocatoria dunha concentración de apoio ao pobo palestino, pola paz e a procura dunha solución xusta e duradeira para o conflito existente en Gaza.

Diante dunha nova agresión ao pobo palestino por parte de Israel, o BNG expresa “a total solidariedade co pobo de Palestino que está a sufrir unha auténtica masacre por parte dun estado de Israel que conta co apoio da comunidade internacional, incapaz de reaccionar na defensa da paz en Gaza.”

O BNG lanza unha convocatoria aberta a toda a sociedade da comarca para secundar unha concentración que terá lugar mañá martes ás 8 da noite, diante do concello de Foz, na que mostrar a repulsa aos ataques que están a destruír vivendas da poboación e a matar inocentes, deixando a inmensa maioría da poboación na miseria absoluta.

Exit mobile version