Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro pregunta pola situación das traballadoras e traballadores da piscina municipal

As traballadoras e traballadores da Piscina Municipal, levan 2 meses sen cobrar, nos medios de comunicación, a Alcaldesa afirma , que este atraso está provocado porque BNG e PP atrasaron unha semana o Pleno dos Orzamentos Municipais.

Bernardo Fraga, voceiro municipal do BNG afirmou esta mañá “Os orzamentos municipais, por lei, teñen que ser aprobados con anterioridade ao inicio do ano, neste caso antes do 1 xaneiro do 2014. O PSOE propuxo levar a pleno os orzamentos deste ano, agora no mes de xullo, con oito meses de atraso. ¿Quen ten a culpa de que Viveiro non teña uns orzamentos actualizados? A resposta está clara, o goberno municipal, que nin está nin se lle espera”.

Así mesmo, os nacionalistas afirmaron ademais “O BNG apoiou a proposta de aprazamento da aprobación dos orzamentos municipais realizada polo PP, posto que no pleno de onte terían un concelleiro menos. Consideramos profundamente antidemocrático que a Alcaldesa convoque un pleno, a sabendas que falta un Concelleiro, que pode ser, ou non, determinante na votación” Non imos tolerar o xogo sucio, nin actitudes profundamente antidemocráticas, de ningunha formación política neste Concello”.

O concelleiro Bernardo Fraga Galdo, formula as seguintes:

PREGUNTAS
As traballadoras e traballadores da piscina municipal levan 2 meses sen cobrar.
1. ¿Cando ten o Goberno Municipal previsto o pago das nóminas atrasadas aos traballadores da Piscina Municipal?
2. ¿Ten o goberno municipal prevista algunha actuación ou solución a fin de garantir a viabilidade da xestión pública da Piscina Municipal, ou polo contrario, vai desistir e abandonar a empresa á súa sorte, ata que o Goberno Central, obrigue a privatizar o servizo o vindeiro ano?
3. ¿Ten previsto o Goberno Municipal manter a xestión pública da Piscina Municipal?

ROGOS
As traballadoras e traballadores da piscina municipal de Viveiro, levan 2 meses sen cobrar, ROGAMOS ao equipo de goberno, que realice as xestións e trámites oportunos para que cobren canto antes os seus salarios.

Exit mobile version