Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia un vertedoiro ilegal na antiga escola da parroquia de Irixoa en Muras

vertedoiro-murasA Mariña, 11 de xullo de 2014. O BNG da Mariña por medio do portavoz municipal do BNG en Muras, Manuel Requeixo e o Vice-responsábel Comarcal da organización na comarca mariñá, Xoán Antón Estúa, puxeron en coñecemento da guardia civil a existencia dun vertedoiro ilegal de residuos sólidos na antiga escola rural de Irixoa no concello de Muras. Para a fronte nacionalista este é un exemplo mais da falta de respecto do alcalde de Muras, Issam Algnam, que consinte e ampara este vertedoiro en terreos de xestión municipal do seu concello que non conta nin coas prescricións técnicas e legais dun punto limpo.

O BNG denunciou ante a guardia civil de Muras a existencia dun vertedoiro ao ar libre no concello de Muras en terreos de xestión municipal, do que se descoñece a súa temporalidade pero acumula residuos agrícolas, electrodomésticos e outros enseres domésticos sen darse as condicións legais e técnicas pra ser considerado un punto limpo.

A fronte nacionalista deulle trámite mediante esta denuncia ás queixas de veciños do concello que reclaman solucións ante un depósito ilegal de residuos do que se descoñece a súa temporalidade sen darlle traslado a un xestor autorizado de residuos. Os nacionalistas chaman unha vez a mais a atención ante a irresponsabilidade do goberno local que crea pola súa conta un punto limpo sen contar coas características técnicas e legais que require este tipo de depósitos, nun lugar de acceso libre, onde ademais fanse queimas como demostran algunhas imaxes captadas no lugar.

Os nacionalistas reclaman ao goberno local maior respecto medio ambiental nun concello cheo de valores naturais, o cumprimento da lexislación para este tipo de depósitos e a xestión adecuada dos residuos.

Exit mobile version