Site icon Crónica3.com A Mariña

O canteiro Fernando Vilariño entrega ao Concello un relevo do escudo de Cervo en cuarcita

Cervo, 17 de xullo de 2014- O canteiro Fernando Vilariño, que hai unhas semanas expuxo a súa obra na Casa da Cultura, agasallou ao Concello cunha peza esculpida para a administración local. En concreto, trátase do escudo de Cervo en relevo, tallado en cuarcita, que o Concello exhibirá nun lugar destacado.

Na entrega estiveron presentes o artista, a edil de Cultura, Begoña Alonso, e o edil José Ramón Soto. Alonso agradeceulle a Fernando Vilariño “que durante semanas compartiera su obra con vecinos y visitantes” a través da exposición titulada Todos somos 016. Tamén quixo darlle as grazas polo agasallo. “Es un honor para nosotros recibir un ejemplar de nuestro escudo de las manos de un artista como Vilariño y en un material tradicional en Galicia como es la cuarcita”, que neste caso foi extraída das canteiras de Mondoñedo, localidade onde reside.

A edil destaca que o canteiro elaborou esta peza a propósito para ser doada ao Concello. Neste sentido Alonso lembra que anteriormente outros artistas que expuxeran a súa obra en salas municipais tamén ofreceran unha peza súa ao Concello. O caso máis recente foi o do pintor Juan Queralt Blanch, que tamén realizara unha obra para a administración local e que está exposta de forma permanente na entrada ao Auditorio da Casa da Cultura.

Exit mobile version