Site icon Crónica3.com A Mariña

O Casino de Mondoñedo

Susana Marfúl e X. Isidro Fernández, encargados do Arquivo Fotográfico e Biblioteca-Arquivo- Os seus orixes se remontan ó ano 1849 sendo unha das institucións más antigas deste tipo en Galicia.

Durante anos foi berce de moitas iniciativas culturais que surxiron en Mondoñedo. A destacar o Certame Literario do ano 1895, feito por iniciativa de Emilio Tapia Rivas, sendo presidente do Certame Literario- Musical Manuel Murguía sendo un dos gañadores Antonio Noriega Varela coa súa poesía De Ruada. Polos anos 30 acollendo charlas de Cunqueiro, Otero Pedrayo, Suarez Picallo con motivo do Estatuto de autonomía para Galicia.

Os baixos do edificio do Casino acolleu un baile, un cine, e una sala de xogos.

As salas do casino acolleron infinidade de exposicións de pintura.

Neste houbo cambio de directiva, entrando como Presidente, Vicente González-Redondo, con unha nova directiva.

A súa organización estará formada por tres directores:
-Director de cultura: que se encargara de coordinar exposicións, conferencias, biblioteca, arquivo, arquivo fotográfico, publicacións.
– Director de actividades: encargarase de coordinar os bailes, os concertos, campeonatos….
– Director do Edificio: será o encargado de facer un calendario de obras, pedirá presupostos, convocará voluntarios para as reformas.

Biblioteca , Arquivo e Arquivo fotográfico

O casino conta con unha amplia biblioteca, con libros de moita importancia, a cal se dotará e se poñerá en valor dentro do propio edificio.

O arquivo, aparte de acoller os libros de actas e numerosos documentos da historia do casino, pretende recoller todos os documentos, xornais, correspondencia que calquera veciño que queira doalo ou cedelo co obxecto de ter un gran arquivo da cidade.

O arquivo fotográfico é un obxectivo ambicioso, pois pretende recoller todas cantas fotografías de Mondoñedo, non solo referentes ó Casino senón referentes a Mondoñedo e as súas xentes. Con tal motivo creouse un servizo de recollida, escanealas, devolveranse e por fin documentalas. Decoraremos unha boa parte do casino con ela, faremos exposicións e publicacións.

Por iso facemos un chamamento a todos os veciños de Mondoñedo, si tedes libros, documentos, fotografías e outras cousas poñédevos en contacto con nos.

Outro dos proxectos é un Club Gastronómico do Casino o cal nacera con varios frontes: – Recoller a herdanza gastronómica. Clases de Cociña, xornadas de gastronomía, organizar ceas e ceas bailes e promocionar os produtos mindonienses.

Exit mobile version