Site icon Crónica3.com A Mariña

O concelleiro ribadense de Medio Ambiente pide que se deposite o aceite usado nos colectores habilitados para evitar posibles accidentes

Ribadeo, 25 de xullo de 2014. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, pide á cidadanía que deposite o aceite usado nos contedores habilitados para ese fin e non nos da recollida do lixo.

O edil nacionalista contou que “hai uns días fronte á Casa do Viejo Pancho alguén depositou dez litros de aceite, que deixaron nun recipiente aberto, e foron parar directamente á rúa. Ese feito ocasionou a caída dunha persoa”. Horacio Cupeiro demanda “responsabilidade tanto a veciñ@s como a establecementos hostaleiros para que no caso dos particulares leven o aceite de cociñar aos contedores habilitados para este fin en botellas de dous litros. Ese é o tamaño máximo permitido, as outras non entran. E no caso dos restaurantes deben saber que hai empresas que se dedican a recoller o aceite usado de forma totalmente gratuíta. Si teñen algunha dúbida, que se poñan en contacto co departamento de Medio Ambiente do Concello”.

O concelleiro de Medio Ambiente aproveita para lembrarlle á veciñanza que “durante o verán e debido ao calor que hai non saquen o lixo das súas casas ata á noite. Deste xeito evitaremos que fermenten no transcurso do día eses desperdicios nos contedores ocasionando cheiros innecesarios. Tamén quero lembrarlles que reciclen todo o que poidan. Iso é bo para todos, para a veciñanza, para o medio ambiente e para o Concello”.

Exit mobile version