Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros organiza en agosto un curso de informática dirixido a nen@s maiores de 7 anos

Barreiros, 30 de xullo de 2014. Os nenos maiores de 7 anos poderán participar a partir do próximo 4 de agosto nun curso de informática organizado pola Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros, en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, dependente da Xunta de Galicia. O curso levarase a cabo en horario de mañá de luns a xoves na Aula CeMIT de Barreiros, situada no Teleclub de San Cosme.

Os interesados poden facer xa a súa reserva de praza acudindo á propia aula CeMIT de Barreiros ou chamando ao número de teléfono 639 876 671. Dende o Concello recordan que o curso é totalmente gratuíto, aínda que conta con prazas limitadas.

O curso dará comezo o 4 de agosto en horario de 10:00 a 11:30 para o Grupo 1 e de 11:30 a 13:00 para o Grupo 2. Os grupos, como informan dende a Concellaría de Cultura de Barreiros, organizaranse en función das idades dos participantes. Todos os cativos terán oportunidade de achegarse á informática ou mellorar os seus coñecementos nesta materia durante tres semanas, xa que o curso finalizará o día 21 de agosto.

Exit mobile version