Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo abre o prazo de preinscrición nos cursos da piscina

Cervo, 17 de xullo de 2014- A Concellería de Deportes informa da apertura do prazo de preinscrición para os cursos da piscina de cara á temporada 2014-2015. A oferta inclúe cursos para bebés, aquagim, cursos para nenos e nenas dentro da Escola Municipal Infantil de Natación, e iniciación e perfeccionamento para adultos.

Desta maneira, as persoas interesadas nalgunha destas actividades pode achegarse ata as instalacións da piscina para facer a preinscrición así como chamar por telefono ao 982 59 45 12. Este é o primeiro trámite que deberán facer os usuarios que desexen participar nos cursos xa que no mes de setembro deberán formalizar a matrícula.

O edil de Deportes agarda que “como todos os anos os cursos da piscina teñan unha boa acollida”. Guillén pon especial atención na Escola Municipal Infantil de Natación, que está estruturada en seis niveis de aprendizaxe, cada un deles asimilado a un animal acuático, e nos que o alumnado ten que superar unha serie de obxectivos.

Peche da piscina
Ademais, Deportes anuncia que o vaso da piscina estará pechado do 25 de xullo ao 31 de agosto, ambos incluídos, polo que abrirá de novo o 1 de setembro. Durante este tempo o Concello aproveitará para realizar tarefas de mantemento. Ao mesmo tempo, o resto de instalacións, como son o ximnasio e a sauna, seguirán funcionando, neste caso en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 h. de luns a venres e os sábados de 10 a 14 h.

Exit mobile version