Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo colabora coa ACIA na celebración do Antroido de verán deste sábado

Cervo, 29 de xullo de 2014- O Concello de Cervo e a ACIA, a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de San Ciprián, asinaron este martes un convenio de colaboración para a celebración do Antroido de verán. En concreto, a administración cervense destina 1.500 euros para os premios aos mellores disfraces e a ambientación musical coa discoteca móbil Decibelios. Nesta edición o Concello incrementa a contía da colaboración, buscando dar un impulso a esta celebración.

Un apoio económico ao que hai que sumar a colaboración do persoal e os medios municipais. Tamén hai que ter en conta a axuda que presta o Concello aos actos do Día do Turista, no que se inclúe o Antroido de Verán.

“Como es habitual, colaboramos con el ACIA en todo lo que nos solicite, tanto para la celebración del Antroido de verán como para cualquier iniciativa que nos proponga y sea beneficiosa para el tejido comercial de San Ciprián, un sector estratégico que merece todo nuestro apoyo” asegura a edil de Turismo, Begoña Alonso. Da mesma maneira, amosouse satisfeita de poder contribuír a que o Antroido de verán saia adiante un ano máis.

Exit mobile version