Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz entrega bolsas reutilizables gratis ós veciños para facilitar a separación dos residuos no fogar

Foz, 8 de xullo de 2014. O Concello de Foz pon a disposición dos veciños gratuitamente bolsas reutilizables para facilitar a separación dos residuos nos fogares.

Esta campaña para mellorar a recollida selectiva dos residuos é unha iniciativa da Delegación Municipal de Medio Ambiente, cuxa responsable é a concelleira Maite López Rego, quen explicou que “son bolsas de rafia reutilizables de 20 litros de capacidade. Hai tres tipos: a amarela, para depositar envases lixeiros; a azul, para papel e cartón; e a verde, para o vidro”.

As bolsas entréganse aos veciños ata esgotar as existencias na Oficina de Medio Ambiente do Concello de Foz, que está no edificio do CENIMA, de luns a venres de 10 a 12 horas.

Exit mobile version