Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro homenaxea ó pentatleta Cristóbal Rodríguez

rodriguez-homenaxeO Pentatleta Internacional Cristóbal Rodríguz Fidalgo foi recibido e homenaxeado este mércores no seu concello natal Viveiro pola alcaldesa María Loureiro e polo concelleiro de deportes Carlos Gueimunde en recoñecemento dos seus resultados deportivos alcanzados na tempada 2014 e pola súa traxectoria deportiva portando como estandarte por todo o mundo o nome de Viveiro, Galicia e España.

O edil viveirense recordou os fitos máis destacados do deportista da Cidade do Landro: os seus tres Campionatos de España de Pentatlón Moderno en categoría elite e absoluta; os oito campionatos de España conseguidos en distintas categorías e modalidades, como triatlón e duatlon; as súas tres medallas conquistadas en Campionatos de Europa -unha como Campión de Europa na modalidade de equipos, un subcampionato de Europa individual e unha medalla de bronce no Europeo de Turquía-.

O pentatleta de Viveiro ostenta actualmente corenta e tres internacionalidades con España, pese á súa curta idade. Posúe os récords nacionais de pentatlón moderno en categoría absoluta e substitución mixto. Foi récord do mundo na especialidade de tiro combinado con oito segundos e vinte e tres centésimas e na tempada 2014 ten a segunda mellor marca mundial de todos os tempos en tiro combinado con 7 segundos 32 centésimas.

Na modalidade de esgrima foi campión da Copa do Rei 2012, subcampión da copa do Rei 2013 e 2014; medalla de bronce no Campionato de España de equipos en 2013; Campión Universitario individual de España 2013, Campión Galego de Esgrima, Subcampión de Cataluña en categoría absoluta por equipos e medalla de ouro Fase Nacional 2014.

No Campionato de Europa de Substitucións Masculinas alcanzou a 9º posición co seu compañeiro Heredia, obtendo a clasificación para o Mundial, para o cal tamén se clasificou en Substitución mixto e individual.

Exit mobile version