Site icon Crónica3.com A Mariña

O coordinador nacional de Espazo Ecosocialista afirmou o 25 de xullo que “máis nova política, máis xenerosidade e menos tacticismo e “hexemonismo” é a demanda da cidadanía mobilizada en Galicia”

25-07-2014.- Durante a principal intervención do acto, Xoan Hermida destacou a cita das vindeiras eleccións municipais do 2015, nas que ten reflectirse en resultados o esforzo desenvolvido pola cidadanía mobilizada e pola sociedade civil. Para o responsable ecosocialista, “ás principais situacións de cambio tiveron como comezo uns comicios municipais, como en 1931, en 1979, e mesmo en 2011 coa aparición do 15-M, e temos a obriga de dar resposta ás demandas cidadáns cunha aposta firme pola nova política”.

Para Hermida, a radicalidade democrática, as novas axendas sociais, o proxecto político de país, son alicerces da nova política, pero á política na rúa ten que ser o principal eido, situando as demandas sociais e cidadáns no centro do debate político galego e das políticas das súas institucións.

“Dende Espazo imos traballar cooperativamente en AGE, nunha AGE cada vez máis ampla, aberta e estruturada. E tamén as xentes de Espazo van participar en tódalas iniciativas cidadáns que se artellen cara a preparar proxectos de cambio nas políticas locáis e candidaturas abertas para ese fin. O recente proceso na Coruña de Marea Atlántica e unha mostra de como ten que facerse as cousas nas principais cidades galegas”, afirmou Hermida.

“Non pódese perder máis tempo en tentar hexemonizar procesos nin condicionalos co dinámicas internas. O tacticismo duns non ten cabida xa, a xente que peor está a pasar ás politicas de recortes e a crise non pode esperar nin vai esperar. Nin dende Espazo imos esperar por nadie que non quera traballar co xenerosidade” rematou o coordinador nacional de Espazo.

Exit mobile version