Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acolle esta fin de semana a terceira Festa Castrexa que este ano inclúe vodas no seu programa

aciaBurela_3festaCastrexa_CARTEL48X68_OKA terceira edición da FESTA CASTREXA de Burela xa é unha realidade. As principais rúas, prazas, hostalería e comercios traballan nos últimos preparativos para que a partir desta tarde a vila de Burela reviva durante toda a fin de semana o seu pasado castrexo.

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela encárgase un ano máis da organización do evento, que este ano presenta como gran novidade a celebración das VODAS CASTREXAS. Á 1 da madrugada, coincidindo coa noite de lúa en cuarto crecente, o porto de Burela será o escenario no que vinte parellas casen polo rito celta.

Pero desde esta tarde xa se notará o ambiente festivo en Burela, xa que o MERCADO CASTREXO, que este ano permanecerá aberto desde hoxe ata a noite do domingo, ocupará as prazas do Concello e da Mariña e que, ademais dos postos de venda artesáns, acollerán diferentes espectáculos de música, lume, cetraría, monicreques, malabares, teatro…

Outro dos maiores atractivos da festa este ano é o DESFILE DE CLANS, que percorrerá as rúas de Burela desde o nove e media da noite até a súa chegada ao porto. Alí procederase á lectura do pregón, a cargo do xefe do Clan Egovarros Mariños e presidente de ACIA Burela, Pedro Fraga; nomearase aos “Castrexos de Honra” deste ano e celebrarase o tradicional Brindis Castrexo.

A terceira FESTA CASTREXA de Burela continúa o sábado cos tradicionais xogos castrexos “A Guerra dos Clans” pola mañá e “A Busca do Torques de Ouro” pola tarde, que ofrecen un ano máis importantes premios económicos: 500€ e 1000€ respectivamente.

A gastronomía tamén ten un papel protagonista na festa, xa que os locais de Burela ofrecerán durante estes días tapas castrexas a 2€ e menús castrexos a 12€.

Actuacións musicais, mercado tradicional, xogos infantís, premios ás mellores caracterizacións castrexas, tanto de grupos como de locais, e un sorteo de 1000€ en vales de compra entre os clientes do comercio local completan o programa festivo deste ano.

Exit mobile version