Site icon Crónica3.com A Mariña

O equipo de goberno de Burela considera que os socialistas “atentan contra os dereitos dos nen@s cando pretenden habilitar unha gardería na praza de abastos”

Burela, 31 de xullo de 2014. O equipo de goberno considera que é o grupo municipal socialista o que atenta contra os dereitos dos nen@s e dos seus pais cando pretende habilitar unha gardería na praza de abastos. Así resposta ás críticas efectuadas nas últimas horas polo PSOE.

Desde o equipo de goberno aseguran que “a nós o que nos estraña é que o grupo socialista só presente dúas mocións ao pleno e que unha sexa a dos bautismos laicos. A xente non está moi preocupada por ese asunto, pero si o están por outras cousas, pero si os socialistas teñen tan poucas ganas de traballar aló eles”.

Os populares subliñan que “no momento no que exista un regulamento poñerémolo en marcha en Burela. E tamén lles queremos dicir que nós somos respectuosos cos dereitos dos nen@s porque mantemos os comedores escolares, mantemos as actividades polas tardes nos centros para que sexa posible conciliar a vida familiar e laboral e somos respectuosos cos dereitos dos nen@s e dos seus pais porque imos construír unha gardería infantil coma deus manda. Os que non son respectuosos con todos eles son os que pretendían que esa escola se habilitase na praza de abastos. Iso si que é atentar contra os dereitos dos máis pequenos e dos seus pais”.

Exit mobile version