Site icon Crónica3.com A Mariña

O Festival Arreaocabo de Celeiro alcanza este sábado a novena edición con Gatillazo como cabeza de cartel

A explanada de Lavandeiras de Celeiro (Viveiro) acolle este sábado 5 de xullo a partir das 21.00 horas o IX Festival Arreaocabo organizado pola ACD Penalba – Colectivo Chilindrín.

A banda de punk de Salvatierra-Agurain (Álava) creada no ano 2004 por Evaristo, ex cantante de La Polla Records, Gatillazo, encabeza o cartel deste festival no que tamén participan Dakidarría, Chris Masuak, Bytheface e The Brosas.

Bono axuda
A entrada ó festival consistirá nun Bono Axuda que ten un prezo de 8 euros en taquilla.

Gatillazo
Despois da disolución desta mítica banda, coa que estivo en activo dende 1979 ata 2003, Evaristo xuntouse para formar este novo proxecto con Txiki e Tripi (dous membros tamén da última etapa de La Polla) á guitarra e á batería respectivamente, Mikel ao baixo a Ángel á outra guitarra. No ano do seu décimo aniversario e con cinco discos xa ás costas (“Gatillazo”, “Dianas Legales”, “Sex Pastels”, “Sangre y Mierda” e “Siglo XXI”) Gatillazo chega ao Arreaocabo en gran estado de forma e cun directo dos que non defraudan.

Exit mobile version