Site icon Crónica3.com A Mariña

O festival VraÓ! ultima os preparativos para a súa estrea esta fin de semana en Foz

O festival de sons independentes, Vraó!, impulsado por Ó! Cultural bota a andar este venres 11 de xullo en Foz extendendo a súa música tamén durante o sábado 12 por varios escenarios da localidade mariñá.

A Maseira será o escenario que acolla o concerto de Grampoder e The Lost Omelette-makers o venres 11 a partir das 22.00 horas, o primeiro, e das 23.30 horas, o segundo.

Posteriormente os festivaleiros poderán desprazarse ata o escenario “Namarinos” onde continuará a música a partir da 01.15 horas da man de Sub Rosa, Toxinho (Dj Set) e I’m not french (Dj Set)

Xa na xornada do sábado, Ó! Cultural ofrecerá unha sesión vermú no Porto de Foz a partir das 13.00 horas. Cara a tardiña será a quenda do concerto de The Loopholes ás 20.00 horas no Pachán Club. No denominado escenario “Rente ao mar ese camiño” ofrecerán a súa música Trilitrate e Caxade a partir das 21.30 horas para deixar paso arredor das 00.30 horas ás actuacións de Djalminha, El Monstruo e Unicornibot no escenario Trás!.

Exit mobile version