Balleste afirmou que “dende o Concello pedíronnos a nosa colaboración para poñer a nota musical a este acto e así o fixemos. Actuamos seis membros da Banda Municipal de Música e levamos a cabo un repertorio bastante variado.”
Para o director da Banda Municipal, “o obxectivo foi que quixemos tratar tanto obras que teñen que ver cos temas da Feira do Libro, coma foi o caso de Os teus ollos, pero tamén outras obras moito máis coñecidas coma a banda sonora de La Gran Evasión ou o My Way de Frank Sinatra”.
Ballester remarcou que “quixemos poñer a nota musical tocando o clarinete antes e despois do pregón, para amenizar esta interesante Feira do Libro”. A feira comezou onte xoves e continuará ata o vindeiro domingo 20 de xullo.