Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Popular de Viveiro pregunta polo arranxo da estrada do barrio da Misericordia

estrada-misericordiaCelestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Sra. Alcaldesa da Corporación, as seguinte pregunta sobre a que desexa obter no próximo Pleno, a correspondente resposta, ben sexa oral ou por escrito.

No Barrio da Misericordia, existe unha rúa (fronte ao Instituto María Sarmiento) que comunica a estrada xeral (Avd. Misiricordia) cun grupo dunhas 18 vivendas deste barrio, sendo utilizada a diario polos veciños como único acceso.

Esta rúa atópase en malas condicións, cun pavimento moi deteriorado ao que si unimos a acusada estrechez da mesma, convértese nun perigo constante tanto para os vehículos como para os peóns.

Ante esta situación, que estamos seguros que o Delegado de Obras do Concello xa coñece, posto que fai tempo que os propios veciños xa llo comunicaron e ata lle ofreceron a súa colaboración para emendar estas deficiencias, é polo que lle preguntamos á Sra. Alcaldesa:

1. Ten previsto o equipo de Goberno local a reparación desta rúa do Barrio da Misericordia que vai desde a estrada xeral – fronte ao Instituto María Sarmiento – ata estas vivendas?

2. En caso afirmativo, para cando está prevista a reparación de devandita rúa?

Exit mobile version