Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Perdouro pon en marcha por segundo ano o Banco Solidario de libros

O Banco Solidario de libros de texto usados do IES Perdouro de Burela para os niveis de 1º ESO ata 1º de Bacharelato foi unha iniciativa que partiu dun grupo de familias preocupadas e concienciadas na reutilización do material pedagóxico que se puxo en marcha no curso pasado.

O Banco Solidario de libros de texto usados ten como obxetivo fomentar o empréstito inculcando ao alumnado valores de solidariedade e disminuir o custo económico do material que supón un gran esforzo para moitas familias en tempo de crise. Logo da recollida de libros donados ao banco, procederase no IES Perdouro este xoves, día 3 de xullo, de 11h a 13h e de 16h a 18h e este venres, día 4 de xullo, de 11h a 13h, ao reparto de lotes segundo as peticións que lle chegou ao Banco. Na convocatoria de setembro haberá outro reparto cos libros de texto que lle poda chegar ao banco.

Poden consultar a páxina web do IES Perdouro: www.iesperdouro.es) para estar informados sobre o funcionamento do banco solidario, dos cheques solidario da Xunta así coma o listado de libros de texto para o curso 2014-2015.

Exit mobile version