Site icon Crónica3.com A Mariña

O Kayak de Foz, terceiro na 4ª regata da IV Copa Deputación disputada en San Cibrao

kayak-foz-3Os bos resultados da canteira do Kayak na IV Copa Provincial Copa Deputación Lugo 2014 “enxugaron, en parte, o fiasco da suspensión da 52ª edición da Travesía Ría de Foz”.

A mañá do domingo amencía gris, do mesmo xeito que o ánimo dos integrantes do Club Kayak, logo de todo o vivido o día anterior coa suspensión da 52ª edición da Travesía de Ría de Foz. Cos barcos cargados no remolque, a expedición do Kayak partiu ás nove da mañá cara ao embalse de Río Cobo, en San Cibrao, para disputar a 4ª regata da IV Copa Deputación de Piragüismo.

Coma sempre, os primeiros en saír ao auga foron os máis pequenos, os benxamíns e alevíns A e B homes e mulleres, para enfrontarse a un circuíto de 1500 metros onde tiñan que dar unha soa volta. Os 43 regatistas preparáronse para disputar unha regata que non estivo exenta de colisións na saída, cos conseguintes volcos dos participantes e onde se puido ver que as ‘dúas’ embarcacións de apoio pertencentes ao GES de Cervo parecían algo insuficientes. Aos poucos, as forzas e as ganas foron situando a cada regatista no seu sitio definindo, deste xeito, as posicións definitivas en liña de meta e onde, o Club Kayak demostrou ser o dominador en ambas categorías.

Ás 11:00 horas era a quenda dos infantís. Enfrontábanse a dúas voltas a un percorrido balizado de 1500 metros. A mala noticia do día era o abandono antes da saída, do infantil B do Kayak, Xoel García Neira, por problemas estomacais. Segundo se deu a saída, Noel Edrosa, infantil A do Kayak de Foz, saíu como un sputnik facendo de abre-pista para o resto de participantes. No entanto, logo dos primeiros 1500 metros e tras un despiste de Noel no percorrido da regata, era o seu compañeiro de club, Juan Rivas quen pasaba en primeiro lugar pola liña de meta na primeira volta, seguido a 5 segundos por Noel Edrosa e xa algo máis atrasados o trío formado por Ramón Fernández e Juan Cacharro do Fluvial de Lugo e Alex do Kayak.

A falta de 700 metros para a finalización da regata, Ramón uníase ó dúo de cabeza. As posicións permanecían invariables onde un Juan Rivas, con máis potencia que os seus rivais, mantiña o tipo ante os ataques baldíos dos seus dous compañeiros de fuga conseguindo cruzar a liña de meta en primeiro lugar, con dous segundos de diferenza sobre o seu compañeiro de equipo Noel García Edrosa e tres segundos sobre Ramón Fernández do Fluvial de Lugo.

Ás 11:30 horas era a quenda dos cadetes e xuvenís homes e mulleres e das mulleres sénior e veteranas. Entre os homes só se salvou da queima, grazas ao seu esforzo e tenacidade, Jesús Alarcón cun sétimo posto na regata de cadetes, porque nin o seu compañeiro de categoría Pascual nin os xuvenís Alberto, Xoan e Vila deron a talla xa que entraron todos fora de control nesta regata. De non ser así, “con total seguridade o Kayak ocuparía o segundo posto final da clasificación por clubs”, aseguran dende o club. En canto ás mulleres, continuaron na súa liña habitual cun sexto posto de Mayra en cadetes e un 4º posto de Vanesa en mulleres sénior.

Despois da suspensión da Travesía, o estado anímico dos integrantes do Kayak das categorías sénior e veteranos non era o mellor para enfrontarse a esta regata. Unha vez dada a saída, Pacheco foise ao auga optando, ante a tardanza da zodiac de rescate, por retirarse. Os demais integrantes do club fóronse situando onde as súas forzas e estado anímico lles permitía, sendo en sénior o mellor Lanzós ocupando un noveno posto, seguido de Nacho que ocupou o posto 14 pero a uns 3 minutos da cabeza da proba. Nos veteranos, Ángel rematou no posto noveno, a 3:14 da cabeza.

Con estes resultados, o Club Kayak de Foz consegue unha honrosa terceira posición na clasificación final por clubs, a tan só 34 puntos da segunda praza ocupada polo Cidade de Lugo.

O próximo desprazamento do club é o día 13 o Campionato Galego de 3000 metros Infantil en Boiro.

RESULTADOS
HOME BENXAMIN K-1, 1500 metros:
1.- Iago Carreira García, Club Fluvial de Lugo, 09:16,80
2.- Manuel Joven Lorenzo, CP Viveiro, +01:06,17
3.- IVAN GARCÍA MÉNDEZ, Club Kayak de Foz, +01:09,35

6.- IAGO GARCÍA MARTÍNEZ, Club Kayak de Foz, +01:56,36
7.- ISAAC MENDEZ TRIGO, Club Kayak de Foz, +01:59,49

MULLER BENXAMIN K-1, 1500 metros:
1.- MARTA FERNANDEZ MUÑOZ, Club Kayak de Foz,
2.- MARIA A. FERNANDEZ MARTINEZ, Club Kayak de Foz, +00:11,46
3.- Mercedes Fonseca Jover, Club Fluvial de Lugo, +01:49,10

HOME ALEVIN-A K-1, 1500 metros:
1.- FRANCISCO RUBIO PACIOS, Club Kayak de Foz, 08:28,31
2.- PABLO LOPEZ FERNANDEZ, Club Kayak de Foz, +00:43,86
3.- BRAIS MARTIN FRAGA, Club Kayak de Foz, +00:47,24

9.- SANTIAGO PEREZ REY, Club Kayak de Foz, +03:40,51

MULLER ALEVIN-A K-1, 1500 metros:
1.- PAOLA GARCIA NEIRA, Club Kayak de Foz, 08:15,20
2.- NAILA GARCIA NEIRA, Club Kayak de Foz, +00:20,16
3.- Bárbara Gargallo Méndez, CD San Ciprián, +00:26,13
4.- LIDIA MENENDEZ TRIGO, Club Kayak de Foz, +01:05,38

HOME ALEVIN-B K-1, 1500 metros:
1.- Noé Fernández Quelle, CD San Ciprián, 09:02,00
2.- Adrián Neira Real, CP Ciudad de Lugo, +00:24,90
3.- Pablo Fonseca Jover, Club Fluvial de Lugo, +00:28,37

5.- MATEO RIVAS RODRIGUEZ, Club Kayak de Foz, +01:32,41

MULLER ALEVIN-B K-1, 1500 metros:
1.- Enma Devesa Fernández, CP Ciudad de Lugo, 09:31,88
2.- LAURA FERNÁNDEZ MUÑOZ, Club Kayak de Foz, +00:04,74
3.- Antía Dovale Rodríguez, CP Viveiro, +00:48,73

HOME INFA-B K-1, 3000 metros:
1.- Miguel Estévez Seijas, Club Fluvial de Lugo, 17:09,51
2.- José Fonseca Jover, Club Fluvial de Lugo, +00:14,88
3.- Iago Novo Andrade, Club Fluvial de Lugo, +01:06,63

XOEL GARCIA NEIRA, Club Kayak de Foz, ABANDONO

HOME INFA-A K-1, 3000 metros:
1.- JUAN RIVAS RODRIGUEZ, Club Kayak de Foz, 15:42,19
2.- NOEL GARCIA EDROSA, Club Kayak de Foz, +00:02,26
3.- Ramón Fernández González, Club Fluvial de Lugo, +00:03,64

5.- ALEXIS NAVAS PEREZ, Club Kayak de Foz, +00:39,20
11.- F. ANDREY FERNANDEZ MARTINEZ, Club Kayak de Foz, +04:18,18

HOME CADETE K-1, 5000 metros:
1.- Julio González Matilla, CP Ciudad de Lugo, 20:27,20
2.- Alberto Rodríguez Villamor, Club Fluvial de Lugo, +01:03,02
3.- Daniel García Pulpeiro, CP Altruán de Ribadeo, +01:47,72

7.- JESUS ALARCON MARTINEZ, Club Kayak de Foz, +04:08,94
12.- P. IVAN FERNANDEZ MARTINEZ, Club Kayak de Foz, FUERA DE CONTROL

MULLER CADETE K-1, 5000 metros:
1.- María Lancho Lavilla, CP Ciudad de Lugo, 23:27,71
2.- María Moar González, CP Ciudad de Lugo, +00:27,21
3.- Clara González González, CP Ciudad de Lugo, +01:29,33

6.- MAYRA ALARCON MARTINEZ, Club Kayak de Foz, +03:39,89

HOME JUVENIL K-1, 5000 metros:
1.- Alejandro Cuadros Otero, Club Fluvial de Lugo, 19:42,99
2.- Carlos Álvarez Vázquez, Club Fluvial de Lugo, +00:42,43
3.- Noé Vila Muñoz, Club Fluvial de Lugo, +01:18,04

9.- XOAN GARCIA MARTINEZ, Club kayak de Foz, FUERA DE CONTROL
10.- ALBERTO FEMENIAS HERMIDA, Club kayak de Foz, FUERA DE CONTROL
11.- JAVIER VILA MOREDA, Club kayak de Foz, FUERA DE CONTROL

MULLER SENIOR K-1, 5000 metros:
1.- Sabela Castro Martínez, CP Ciudad de Lugo, 23:32,94
2.- Mª Ángeles del Riego Fontenla, CP Viveiro, +00:35,01
3.- Cristina García Martínez, CD San Ciprián, +03:14,01
4.- VANESA LÓPEZ MUÑIZ, Club Kayak de Foz, +03:35,37

HOME VETERANO K-1, 5000 metros:
1.- Alberto Pigueiras Leal, CP Viveiro, 19:04,13
2.- Raúl Cedrón Vilar, CP Altruán Ribadeo, +01:13,34
3.- Martín Carballo Méndez, CP Ciudad de Lugo, +01:43,36

7.- ANGEL ANTONIO GOMEZ GONZALEZ, Club Kayak de Foz, +03:14,87
CARLOS ALBERTO PAQCHECO PENA, Club Kayak de Foz, RETIRADO

HOME SENIOR K-1, 5000 metros:
1.- Javier Illanes Rodríguez, CP Viveiro, 19:06,19
2.- Marcos Illanes Rodríguez, CP Viveiro, +00:01,57
3.- Francisco Pigueiras Leal, +00:03,24

14.- RAMON LANZOS PIÑEIROA, Club Kayak de Foz, +01:39,23
18.- IGNACIO ROMILLO DIAZ, Club Kayak de Foz, +03:00,77

Clasificacións por clubs
1.- CLUB FLUVIAL DE LUGO, 2472 puntos
2.- CP CIUDAD DE LUGO, 1846 puntos
3.- CLUB KAYAK DE FOZ, 1812 puntos
4.- CP VIVEIRO, 1452 puntos
5.- CD SAN CIPRIAN, 633 puntos
6.- CP ALTRUÁN DE RIBADEO, 584 puntos

Exit mobile version