Site icon Crónica3.com A Mariña

O Lourenzá Ensino medirase a doce equipos na tempada 14/15

Unha vez finalizado o prazo de inscrición e recibida toda a documentación, o grupo norte da Primeira División Nacional Feminina de baloncesto queda conformado por 13 equipos despois de incluír ó Universidade de Valladolid na categoría Liga Feminina 2 e a retirada do conxunto cántabro Calasancias tras romper o seu compromiso co seu patrocinador.

Deste xeito, o Lourenzá Ensino continuará a ser o único representante galego na categoría que está conformada por outros doce equipos de Asturias, Cantabria e Castela e León.

Asturias: GD Bosco, Innobasket e Basket Mar.

Cantabria: Arsán e Maristas.

Castela e León: Universidade de Salamanca, Universidade de León, San Isidro, Filipenses, Unami Segovia, Villamuriel e Burgos.

O calendario elaborado para a tempada 2014/2015, seguindo o do convenio da tempada pasada, axústase ás datas nas que se teñen que disputar as fases regular, play off e a fase ascenso.

A falta do sorteo de emparellamentos que se realizará este venres 18 de xullo, estas son as datas previstas:

1ª Volta 2ª Volta
Outubro 5 19 26 Febreiro 1 8 15 22
Novembro 2 9 16 23 30 Marzo 1 8 15 22 29
Decembro 14 21 Abril 12 19 26
Xaneiro 11 18 25 Maio 3
Final A4 9 e 10 de maio
Exit mobile version