Site icon Crónica3.com A Mariña

O Mercado do disco de Ribadeo pecha este martes, pero aínda haberá moitos concertos

O grupo asturiano Alexandra in Grey visitará este martes 22 de xullo o Mercado do disco de Ribadeo para presentar o seu primeiro disco, que aínda que xa se atopaba en plataformas dixitais desde fai uns días acaba de saír en formato físico. A firma de discos terá lugar entre as 20.00 e as 21.00 horas no Mercado do disco, que se clausura ese mesmo martes e cuxos postos abren de 17.00 a 21.00 horas.

O concerto que ofrecerá a formación asturiana este xoves e no que compartirán escenario co prestixioso Hiromi Trio Project na súa xira máis potente e con Alfredo García Quartet no que será ademais a presentación oficial do seu disco de debut.

Ademais, ás 23.00 horas e con entrada libre, o Cantón dos Moreno acollerá o concerto da vocalista italiana Manuela Ravaglioli, que actuará xunto ao Trio formado polo pianista xixonés José Manuel Feito.

Como o resto dos días do festival, continúa aberta a exposición fotográfica de Esther Cidoncha, unha das mellores retratistas de músicos de jazz. A exposición está aberta de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

Exit mobile version