Site icon Crónica3.com A Mariña

O mércores 9 de xullo péchase a inscrición do XX Torneo de Fútbol 7 de Vilaronte

Vilaronte, 7 de xullo de 2014. O Campo de Fútbol de O Castro, en Vilaronte (Foz), acollerá, a fin de semana do 12 e 13 de xullo o XX Torneo de Fútbol 7. Nesta XX edición repartiranse 1.200 euros en premios (sempre e cando participen 16 equipos), ademais dos trofeos correspondentes. Así, o primeiro clasificado recibirá 700 euros máis trofeo, o segundo 350 euros e trofeo, mentres que para o terceiro clasificado está previsto un premio de 150 euros, acompañado de trofeo. Asemade, haberá trofeos para o máximo goleador do campionato, así como para o porteiro menos goleado.

A inscrición ten un custe de 120 euros por equipo, e cada un deles estará formado como máximo por un total de 16 xogadores. Así mesmo, poderán inscribirse ata 16 equipos. O prazo de inscrición estará aberto ata este mércores, 9 de xullo, para logo facer o sorteo de equipos en Radio Foz. Dende a organización “animamos a aqueles que desexen participar a anotarse xa, posto que quedan moi poucas prazas para cubrir o cupo de equipos”.

Para formalizar as inscricións ou solicitar máis información poden poñerse en contacto coa organización a través do enderezo electrónico futbol7vilaronte@gmail.com ou nos teléfonos 669 106 817 e 606 600 149.

Exit mobile version