Site icon Crónica3.com A Mariña

O pleno de Cervo adopta un acordo que fai posible a posta en marcha do gasoduto que subministrará a Alcoa

Cervo, 18 de xullo de 2014- O pleno da corporación municipal de Cervo debateu este venres unha modificación puntual das Normas Subsidiarias que afecta ao ámbito da empresa de aluminio Alcoa. O goberno local explicou durante a sesión plenaria que este trámite fai posible a posta en marcha do gasoduto que subministrará á factoría. Desta maneira, a modificación é “fundamental e imprescindible” para que o gas natural chegue a Alcoa.

Ao mesmo tempo, o gasoduto é unha instalación moi necesaria para garantir a viabilidade de Alcoa e que siga sendo a empresa que máis postos de traballo crea na comarca.

Un trámite que conta coas autorizacións e os informes favorables de todas as administracións implicadas. No pleno de hoxe a corporación debateu a aprobación inicial da modificación, que despois se someterá a información pública durante dous meses para a súa posterior aprobación definitiva.

A voceira do grupo de goberno, Begoña Alonso, asegurou que “desde el gobierno local tenemos muy claro que hay que apoyar a Alcoa y trabajar para garantizar su viabilidad, que depende muy directamente de la puesta en funcionamento del gasoducto. Polo tanto, vamos a seguir haciendo todo lo que esté en nuestra mano para favorecer la actividad de la factoría y los miles de puestos de trabajo que genera”.

Exit mobile version