O actual portavoz do PSOE de Foz Ramón Sixto comunicoulle á executiva local do seu partido a súa intención firme de postularse como candidato ás primarias do PSOE local do mes de setembro.
É unha decisión pensada e meditada despois do gran apoio recibido nestes últimos días de simpatizantes e militantes.
“Creo que os pasos dados son os correctos; primeiramente facerllo saber á executiva local e que estos llo transmitan ao secretario provincial”. “Penso que hoxe o partido en Foz está vivo e con moita xente con ganas de traballar e sacar adiante un proxecto novo”. “A dez meses dunhas eleccións municipales nas que nos xogamos volver a gobernar este concello, chegou o momento de dar un paso ó frente e tratar de recuperar a ilusión dos nosos veciños que durante tantos anos confiaron nos socialistas de Foz. Eu pola miña parte vou a poñer toda a miña ilusión e esforzo para conseguilo”.