Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo cualifica a maratón de “tapadera do rexedor para ocultar a súa nula xestión”

Ribadeo, 29 de xullo de 2014.- O Partido Popular de Ribadeo ve ma iniciativa anunciada por Suárez Barcia unha clara tapadera para ocultar e desviar a atención sobre o seu nulo traballo no tocante á praia das Catedrais.

Neste senso os populares cualifican a maratón de “tapadera do rexedor para ocultar a súa nula xestión” pero deixan claro que o seu grupo defende todo tipo de iniciativas deste tipo pero sempre e cando sexan por e para un fin claro e non para desviar a atención e tapar o nulo traballo.

Afirma o PP que a única Administración implicada neste tema é a Xunta de Galicia, quen está totalmente volcada na protección deste tesouro natural e proba disto vese na implicación dos distintos departamentos, quenes contribuíron a elaborar un ambicioso plan froito do traballo de moitos meses.

Os populares salientan as xestións do Goberno Galego, especialmente, da conselleira de MATI, quen empezou con forza tomando cartas ante unha situación que xeraba preocupación. Asemade, sinalou que o plan promovido pola Xunta de Galicia, é froito dun elaborado estudo desenvolvido nos últimos meses e expresou a súa gratitude pola implicación dos distintos departamentos que contribuíron a facelo realidade, tales como a Axencia de Turismo de Galicia e a dirección xeral de Conservación da Natureza.

Exit mobile version