Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro lamenta “a grave situación pola que están pasando os traballadores da piscina municipal”

O PP de Viveiro lamenta en primeiro lugar, que os traballadores da piscina municipal non perciban a súa nómina polo traballo realizado, vulnerándolles así o primeiro dereito que ten todo traballador que é o de percibir o seu salario por traballar.

En segundo lugar lamentamos profundamente o engano sistemático ao que someten aos veciños de Viveiro a Alcaldesa e o seu equipo de goberno, dando explicacións peregrinas a situacións que só obedecen a unha razón, que é a ineficacia na súa xestión e o desgoberno ao que teñen sometido ao noso Concello desde fai 13 anos.

Desgraciadamente este é un episodio máis que non nos resulta novidoso, dado que os precedentes son abundantes, así no 2013 produciuse un atraso no pago da nómina dos traballadores municipais, recentemente no 2014 foron os traballadores de aparcamentos A Mariña quen estiveron 4 meses sen cobrar e agora tócalles aos da piscina, quen serán os próximos?

Desde o PP somos coñecedores de que os traballadores da piscina suscitaron, tanto á concelleira de Facenda, como á propia Alcadesa, distintos proxectos e propostas que mellorarían a viabilidade da empresa, tanto no económico como na captación de usuarios, sen que ata o momento obteñan resposta algunha sobre os mesmos, o que dá proba do desinterese do equipo de goberno municpal socialista por poñer remedio a esta situación.

Ante esta desagradable situación a Sra. Loureiro, nun exercicio de “trilerismo” político, excúsase aludindo á falta de celebración dun Pleno para a posible aprobación dos orzamentos do 2014, cando estes deberían de estar xa presentados e aprobados no seu caso, fai máis de 10 meses, tal e como marca a Lei, sendo a única responsable a Alcadesa que é quen ten a potestade de levar en tempo e forma os orzamentos ao Pleno. Recordar así mesmo que o PP de Viveiro presentou unha moción no Pleno do 25 de outubro de 2013, moción que foi aprobada por unanimidade, para que se presentasen os orzamentos do 2014 antes de finalizar o 2013. Como se pode comprobar o equipo de goberno municipal socialista, non foi capaz de cumprir o que eles mesmos aproban, unha proba máis do pouco fiables que resultan.

O PP de Viveiro quere deixar ben claro que o preocupante neste caso é o impago das nóminas aos traballadores da piscina, porque somos conscientes de que o equipo municipal socialista ten diñeiro para determinadas cousas e con todo para o que nós creemos que é básico, que os traballadores cobren o seu salario, a eles resúltalles accesorio. Preguntámonos se a Alcadesa e a concelleira de Facenda cobran regularmente o seu salario?, creemos que si, pois ben os traballadores da piscina teñen exactamente o mesmo dereito.

O PP de Viveiro agarda que se lles dea unha pronta solución a estes traballadores e poidan cobrar o que se lles debe, aínda que vista a disposición da Sra. Viamonte -Presidenta do Consello de administración- que non se dignou en reunir a devandito Consello para abordar este asunto, dános a proba da importancia que lle conceden a esta grave situación. O PP de Viveiro solicita a reunión urxente do Consello de Administración de Turviveiro para abordar posibles solucións a esta situación.

Desde o PP de Viveiro agardamos que polo ben da empresa e os seus traballadores o equipo de goberno municipal socialista deixa de escudarse en desculpas de mal pagador e póñase a traballar no que realmente importa, que é a viabilidade e o mantemento do servizo que a piscina municipal ofrece a todos os veciños de Viveiro.

Exit mobile version