Site icon Crónica3.com A Mariña

O Praias de Barreiros incorpora a Jose Alonso e Miguel dos Reis

Miguel Dos Reis Rubio formouse no mundo do fútbol sala nas Escolas Deportivas da Mariña Oriental e nas de Barreiros. En categoría xuvenil foi convocado coa selección galega de fútbol sala coa que se proclamou Subcampión de España.

Tras pasar polo mundo do fútbol da man do equipo barreirense do Iberia, a pasada tempada defendeu a camisola do Superti A Pontenova, en Terceira División.

Pola súa banda, a visa deportiva de José Alonso Montero, orixinario da capital da provincia, estivo sempre ligada ó fútbol. Formouse como xogador na canteira da SDeC Polvorín e tras defender a camisola de varios equipos lucenses, na súa última tempada en activo recalou no San Roque da man de Montero, adestrador do equipo.

Afincado dende fai tempo en San Pedro de Benquerencia, Jose non dubidou en unise ó proxecto deportivo do Praias de Barreiros. Precisará dun periodo de adaptación ó fútbol sala, pero o corpo técnico espera sacar rendemento da súa fortaleza defensiva e da súa pegada.

Exit mobile version