Barreiros, 11 de xullo de 2014. O presidente de Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfonso Fuente, amósase satisfeito co plan de conservación para a praia das Catedrais, que anunciou onte o presidente da Xunta.
Fuente Parga dixo: “como presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña o anuncio feito este xoves polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, despois do Consello da Xunta anunciando ese plan de conservación para a praia das Catedrais a verdade é que nos satisface a tódolos mariñáns xa que vai proporcionar ese uso racional e sustentable dun espazo tan atractivo como é esta praia das Catedrais”.
O presidente da Mancomunidade agradeceu a presenza mañá en Ribadeo, na praia das Catedrais, de varios membros da Xunta: “e, evidentemente, tamén agradecer que mañá vai estar a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, acompañada pola directora xeral da Axencia de Turismo, Nava Castro; e a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias. Creo que é importante ese apoio da Xunta de Galicia a este entorno que, se ben está situado no concello de Ribadeo, é un atractivo para toda A Mariña e na economía da zona tamén inflúe moito que se conserve este espazo, que se protexa e que se regule ese uso para non danalo. Tamén que se poidan establecer, como ben nos viña anunciar o presidente, esa sinalización e esa vixilancia que ten que haber nesta zona”.
Alfonso Fuente Parga cre que “é importante para toda A Mariña e hai que destacar ese apoio que recibe na mañá de mañá coa visita da conselleira, a cal agradecemos, así como a de Nava Castro e a de Raquel Arias, porque eu creo que reforza ese ánimo de colaboración que ten o presidente da Xunta cun espazo da Mariña como é este”.