Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG de Burela critica a política turística do PP municipal

20140713_162604_1Dende o PSdeG-PSOE de Burela queremos criticar a política turística do equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela, mellor dito, criticar a ausencia total e absoluta de política turística no Concello de Burela por parte dos seus responsables.

Non fai falla máis que darse unha volta polo pobo para ver mala imaxe que ofrece en moitas zoas, solares abandonados, xardineiras en estado total de abandono, a herba medrando por todos lados, etc, etc…ademais disto a oficina de turismo a mediados de xullo, as nosas praias en estado de abandono ata ben entrado xullo, sen servizo de socorrista ata fai ben pouco. En fin un auténtico abandono da labor turística que debería de facer o Concello nestas datas onde o número de visitantes aumenta e nos que compre facer un esforzo por vender todo o que o noso pobo ofrece para os nosos visitantes.
Para o PSdeG-PSOE de Burela o turismo non é ir a FITUR a pasar un fin de semana á conta dos veciños e veciñas sen máis, se a asistencia a esas feiras non se acompaña dunha política turística seria, non deixa de ser unha excursión que o noso alcalde fai a Madrid, posiblemente de visita a familiares pero costeado por todos os veciños e veciñas de Burela.

Que a Oficina de Información Turística permaneza pechada a día de hoxe é realmente lamentable, e demostra ben ás claras a deixadez que este equipo de “desgoberno” do Partido Popular fai das súas funcións, que entre outras é a de potenciar o turismo e a de axudar á actividade empresarial que o turismo xera no pobo. Supoño que algunha explicación terá que dar ós empresarios do pobo con respecto a este asunto. ¿Cando teñen pensado abrila? ¿Por canto tempo?.

Para nós é realmente vergoñenta a falla de iniciativa deste equipo de “desgoberno” que o único que fai e cargarlles dietas e gastos ós veciños e veciñas de Burela sen que se vexa ningún tipo de xestión nin iniciativa que mellore a vida dos nosos veciños e veciñas.

Exit mobile version