O Presidente das Escolas, Pablo Maseda Fernández, así coma o secretario técnico do club Óscar González, o delegado do primeiro equipo José Rodríguez e os directivos Moisés Chao, Eduardo Iglesias, Juan López e Nicomedes Otero, participaron no acto de presentación desta “plantilla moi competitiva que seguro fará disfrutar ós socios e afeccionados en Santa Cruz esta tempada”.
Despois das primeiras carreiras polo céspede de Sta. Cruz, degustaron todos dunha churrascada.