Site icon Crónica3.com A Mariña

O subdelegado do Goberno recibe ao novo xefe superior de Policía en Galicia

imagenO subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, recibiu esta mañá ao novo xefe superior de Policía de Galicia, o comisario principal Eusebio Fraguas Sánchez, na que foi a súa primeira visita oficial á cidade logo de tomar posesión no cargo o pasado mes de xuño.

Ramón Carballo destacou a “dilatada traxectoria profesional” do novo xefe superior de Policía, con máis de 40 anos de experiencia “e boa parte deles en unidades moi próximas á cidadanía”.

Eusebio Fraguas iniciou a súa carreira no ano 1970 e prestou servizo na policía xudicial, a policía científica ou a Unidade da Policía adscrita á Xunta. Tomou posesión como novo xefe superior de Policía en Galicia o pasado 12 de xuño, relevando a Jaime Iglesias, que accedeu á xubilación. Durante a súa carreira profesional obtivo numerosos recoñecementos, tanto dentro da Policía como por parte doutras institucións.

Exit mobile version