Site icon Crónica3.com A Mariña

O Team Galipizza&cía acada un 4º e 6º posto no Open 2T no Enduro de Trevias

O Team Galipizza&cía de Enduro cerra esta primeira parte da tempada firmando un cuarto e un octavo posto na categoria Open 2T no Enduro de Trevias (Asturias).

Este pasado domingo tivo lugar la localidade de Trevias, o primeiro enduro puntuable para a Liga Galega da Moto de Campo; como xa é habitual a Liga galega está tentando facerse un oco no enduro tamén fóra das nosas fronteiras, e desta vez a localidade escollida foi a asturiana de Trevias.

O Team galippiza&cía acudía a esta cita con un dos seus habituais pilotos Manuel Grandío que pechaba o día con un 6º posto despois de ter moitos problemas o longo de toda a xornada e mesmo ter que facer a última volta cunha roda pinchada.

Pola súa parte o outro membro do equipo Santi Chao non podía correr nesta carreira debido a unha lesión que acarrea dende a sua caída na anterior carreira de Cedeira; pero no seu sitio acudiu Marcos Grandío que pechou o día con un excelente 4º posto en Open 2T a so un segundo do terceiro.

Con esta proba cerrase a primeira parte da temporada, a segunda parte terá lugar despois de pasar os meses de verán a partir do mes de Outubro.

O equipo nestas datas vaise centrar nos entrenos de cara a sua carreira mais importante de tempada o Extreme Lagares 2014, unha proba de enduro extremo que se celebra en Portugal e que e unha das habituales do campeonato do mundo desta especialidade.

O Team Galipizza&cía acadou no 2013 o quinto posto na categoria XL por parellas, e este ano si as lesions que acarrean teñen unha boa evolución teñen como obxetivo tentar meterse no podium.

O equipo quere dar o seu agradecemento tanto o principal patrocinador GALIPIZZA&CÍA como o resto da xente que fixo que o equipo puidera estar presente en todalas probas celebradas ata agora da Liga Galega. Dar as grazas a Adhesivosembarrados.com, a Asociación Deportiva Viveiro Enduro e, por suposto, a todas esas personas que nos animan e acompañan nas carreiras e máis dende a casa e que se preocupan cando sae algo mal e se alegran cando todo vai ben.

Exit mobile version