Site icon Crónica3.com A Mariña

O Videoclub Azor de Burela, campión do XX Torneo de Fútbol 7 de Vilaronte

O campo de fútbol O Castro, de Vilaronte, acolleu esta fin de semana a vixésima edición do Torneo de Fútbol 7 que repartiu máis de 1.000 euros en premios.

Videoclub Azor (Burela) proclamouse campión do torneo tras vencer 1-0 na final ante o Mesón O Lar de Manolo que se tivo que conformar coa segunda posición. Ambos recibiron cadanseu trofeo ademais de 700 euros, o primeiro clasificado, e 350 euros o segundo. O terceiro clasificado foi Santa Cruz (Lourenzá) que recibiu 150 euros máis trofeo, tras empatar na semifinal contra os campións (1-1) e perder nos penaltis. O Namarinos (Foz) tamén caeu en semifinais ante o Mesón O Lar de Manolo (3-4) tendo que conformarse cun trofeo como cuarto clasificado.

Álvaro Alonso (Namarinos) tamén recibiu o trofeo como máximo goleador (9 goles) e Javi Fajardo (Videoclub Azor) como o porteiro menos goleado.

Entregaron os premios Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo; Javier Castiñeira, alcalde de Foz; o concelleiro de Deportes de Foz; Juan Carlos Díaz, do principal patrocinador privado do evento (Eroski City Barreiros); Lara Díaz, xogadora do Foz; e Leticia Otero, presidenta da Asociación Sociocultural Ruxe Ruxe, entidade organizadora do evento.

Desde a organización agradecen “a colaboración de todos os establecementos colaboradores, a participación de todos os equipos, á área de Deporte da Deputación de Lugo, ao Concello de Foz, á Asociación Cultural O Castro de Vilaronte (por cedernos as instalacións); e comunicamos que xa estamos a traballar no XXI Torneo de Fúbtol 7 de Vilaronte”.

Exit mobile version