Site icon Crónica3.com A Mariña

O vindeiro luns comezan as actividades do programa ‘Aberto por Vacacións’ de Foz

010714 Foto Presentación Abertoxvacacións FozFoz, 1 de xullo de 2014. O programa Aberto por Vacacións, organizado polo Concello de Foz para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade, comezou este martes co acto de presentación das actividades, que se desenvolverán a partir do vindeiro luns, día 7.

Os actos do programa levaranse a cabo de luns a venres de 11 a 13 horas durante este mes e o de agosto. En xullo as prazas para o grupo dos máis pequenos están case esgotadas e para o dos maiores quedan unha decena. Os primeiros empezarán o luns xogando a ser piratas no CEIP Número 1 e os segundos comezarán diante do CENIMA con zumba e contacontos pirata.

Na presentación estiveron a concelleira de Xuventude en Foz, Mercedes González; e a coordinadora do programa, María Gómez.

Exit mobile version