Site icon Crónica3.com A Mariña

O vindeiro venres 1 de agosto retorna a Arroutada a San Cibrao

San Cibrao (Cervo) – O colectivo Cultural Arroutados organiza en cooperación co Concello de Cervo a Arroutada 2014 o vindeiro 1 de Agosto na Prazoleta de San Cibrao. Os concertos comezarán as 22.30 e contarán ca participación de Kumbal (Folk Tradicional Europeo – Coruña), The Free Riders (Blues Rock – Santiago de Compostela), MyticalFail (Rock Urbano – Lugo) e Ofensivos (Punk Rock – Avilés). Asímesmo a partir das 19.00 organizarasenaPraza dos Campos unhaactividade orientada ósnenos que queiran expresar a través dedebuxos a súa interpretación da música. Por último, tamén se realizará no mesmo lugar unharecollida solidaria de alimentos en colaboración con Cáritas. A organizaciónquere agradecer o apoio das distintas institucións, negociose particulares na realización de este evento.

O coordinador da actividade, Jesús Barreal, destaca que este festival é gratuito e achega a cultura ácidadaníanuns momentos nos que os gastos familiares en culturase viron reducidos. Así mesmotamén remarca o frondocalado multidisciplinar que posúe este festival ó abarcar numerosos estilos e de diversa xeografía da nosa contorna. A concelleira de Xuventude, Yolanda Pedreira, remarca a importancia das iniciativas culturais e xuvenís entre os cidadáns do municipio, así como a universalidade da música como vínculo de culturalidade. Os organizadores esperan a participación das veciñas e veciños da Mariña Lucense.

Exit mobile version