Site icon Crónica3.com A Mariña

O XXXIII Día do Turista inclúe actividades para todos os públicos dende este martes á noite

dia-turistaCervo, 28 de xullo de 2014- O Concello de Cervo e o Centro de Iniciativas Turísticas presentaron este luns o programa do XXXIII Día do Turista que se celebra en San Cibrao este sábado durante todo o día, con actividades para todos os públicos da mañá á noite. A edil de Turismo, Begoña Alonso e a presidenta do CIT, María Jesús Álvarez, deron a coñecer os actos previstos, que comezarán ás 10 h. co chupinazo que anuncia o inicio da festa.

A partir das 10:30 h. a música do grupo de gaitas “Os Farallóns” encherá as rúas da vila e ás 11 h. comezará a actividade na praza dos Campos co cuarto mercado de obxectos de segunda man e artesanía. Pola tarde ofrecerase un taller de artesanía de vimbio (17:30 h.) e media hora despois comezará a degustación de bolos preñados e empanada.

Ademais, ofrecerase unha actividade dirixida especialmente ao público infantil, como é o espectáculo e taller de circo, que comezará ás 19 h. Como todos os anos tamén se celebrará o Antroido de verán, que organiza a ACIA de San Cibrao, a partir das 21 h. A entrega de premios está prevista para as 00:00 h. e estará amenizada con música.

A edil de Turismo valora moi positivamente esta celebración “que tiene una larga tradición en San Ciprián como pueblo turístico” e agradeceu ao CIT “su gran trabajo por mantenerla viva”. “Desde hace más de 30 años por estas fechas damos la bienvenida a los turistas y les ofrecemos una jornada cargada de opciones lúdicas para disfrutar de San Ciprián”.

Alonso asegura que o Concello de Cervo colabora con esta festa polo seu carácter “abierto y participativo, y que busca la implicación de todos los que ese día se encuentren en San Ciprián, ya sean vecinos, visitantes o turistas” sen esquecer “su gran capacidad para dinamizar la economía local”.

Exit mobile version