Site icon Crónica3.com A Mariña

Os colectores de residuos do casco urbano de Foz serán limpados na madrugada deste martes

Foz, 7 de xullo de 2014. Os colectores para a recollida de residuos que hai no casco urbano de Foz serán limpados esta vindeira madrugada, a partir das doce da noite, e farán este mesmo traballo nas parroquias durante este verán. Anunciouno este luns a concelleira delegada de Medio Ambiente, Maite López Rego.

“Como xa fixeramos o ano pasado por estas datas, na noite de hoxe, luns, a partir das doce, imos limpar os colectores do casco urbano. E ao longo do verán tamén se fará o mesmo nos das parroquias, pero aínda non temos unha data concreta”, explicou Maite López, quen comentou que “é unha das cousas máis solicitadas polos veciños, que ano a ano reclaman a limpeza dos mesmos”.

A concelleira de Medio Ambiente engadiu que “dende o Concello queremos ir atendendo todas cantas peticións nos fan, aínda que tal e como están as cousas non podemos facelo tan rápido como nos gustaría”. E rematou pedindo desculpas polas molestias que se poidan ocasionar durante os traballos de limpeza dos colectores.

Exit mobile version