Site icon Crónica3.com A Mariña

Os galiñomes en Alfoz

Galiñomes en Alfoz para webO pasado sábado 5 de xullo os galiñomes chegaron a Alfoz. Si, eses seres medio homes medio galiñas fixeron as delicias dos asistentes á representación do Grupo Teatral “A Maseira” no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Nesta ocasión 17 rapaces de Secundaria do IES Alfoz-Valadouro, acompañados de Cachín, representaron a obra “A invasión dos galiñomes”. Foron os rapaces Andrea Cabanas, Saúl Lorenzo, Cristina Souto, Marta Gayo, Oumeyma Sabry, Zaira Fernández, Pedro López, Claudia Pena, Adrián Fraga, Sandra Gómez, Paula López, Clara Rodríguez, Ismael Trigo, Paula Pena, Lucía Carreiras, María Rega e Iago Insua. Durante 90 minutos e baixo unha calor abraiante, os espectadores, que case encheron o local, riron e desfrutaron vendo as aventuras dun grupo de rapaces dun instituto que loitaban contra estes perigosos seres doutros mundos.

Exit mobile version