Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Independientes de Viveiro presentan unha moción contra a eliminación dos rexistros civís nos xulgados

O concelleiro Guillermo Leal, portavoz do grupo municipal do Partido Idependientes de Viveiro (iVi), ven de presentar no Concello unha moción contra a eliminación dos rexistros civís nos xulgados.

O Consello de Ministros do Vernes, día 4 Xullo aprobou a privatización do Registros Civis de España. O Goberno aprobou un Real Decreto para que o Rexistro Civil sexa traspasado ós rexistradores mercantís. O Ministro de Xusticia, Alberto Ruiz-Gallardón, leva meses intentando que o Registros Civis pasasen a máns dos rexistradores mercantís, atopando unha fronte en contra como os secretarios xudiciais, os sindicatos e xuristas.

O Rexistro Civil está dixitalizado a partir de 1870 ata hoxe, e costoulle o pobo español 130 millóns de euros.

O Colexio de Rexistradores fixo un comunicado no que reiteran o seu desacordo coa decisión do Goberno, indicando que terán que afrontar o coste do novo sistema informático, sen coñecer nin o presuposto do mesmo, nin as empresas do desarrollo e mantemento do mesmo.

Que vai pasar cos 2.500 funcionarios que traballan nos Rexistros Civís de toda España?

Estimamos que se trata doutra privatización encuberta dun servizo público esencial, pois ditos rexistradores funcionan en réximen de negocio privado, facendo propios os beneficios derivados da sua función en vez de repercutir en tódala cidadanía.

A desaparición dos Rexistro Civis como servicio público e gratuito afectará o 100% dos ciudadáns, pero especialmente os que vivimos nos Concellos alonxados das capitais, dado que haberá que desprazarse para actuacións no Rexistro Civil (inscripción de nacementos, partidas de defuncións, partidas de nacimientos, expedientes de matrimonio, etc.. ), que ata agora podíanse levar a cabo no seu municipio, e sendo atendidos por funcionarios públicos. O que se une o feito de que deberemos pagar por servizos que ahora son gratuitos, pois xa están financiados vía impostos.

Isto é un fascículo máis da desmantalación dos xulgados nas vilas, e do alexamento das administracións os administrados.

Estimamos que todo isto supon un gravísimo ataque o servizo público, e outro atentado máis ós dereitos dos ciudadáns o que nos ten acostumado o actual goberno de España.

Onde están os nosos representantes tanto no Senado como no Parlamento, para defender os nosos dereitos?

Por todo o anteriomente exposto, o grupo municipal do iVi (Independientes de Viveiro) solicita do Pleno da Corporación municipal a aprobación dos seguintes:

ACORDOS
1.- Esixirlle o Goberno de España o mantemento da oficina do Registro Civil en Viveiro, asi como en tódalas do Estado, por ser un servizo público profundamente arraigado nas vilas, cercano, gratuito e próximo á ciudadanía que ten que ser protexido e mellorado.

2.- Que os datos personais dos ciudadáns que son competencia do Rexistro civil sexan xestionados exclusivamente por funcionarios públicos por merecer a máxima protección, ademáis de mantener a gratuidade de tódolos trámites e certificaciones, tal e como ocurre na actualidade.

3.- Solicitarlles, á Xunta de Galicia, o parlamento de Galicia a Deputación Provincial de Lugo e tamén ós Concellos que forman o partido Xudicial de Viveiro, o seu apoio a que este servizo se siga prestando nos xulgados.

Exit mobile version