Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares aseguran que “Besteiro se nega a escoitar ós alcaldes da provincia”

Lugo 29 de xullo de 2014.- O Grupo Provincial Popular reproba que o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, se negase este martes en pleno a escoitar aos alcaldes da provincia na elaboración dos orzamentos participativos, pese a tratarse dos representantes lexítimos e directos dos veciños.

Os populares levaron esta moción ao pleno co obxectivo de que o espírito de escoitar á cidadanía que está a vender o equipo de goberno provincial a través da elaboración dos orzamentos participativos se extendese ás corporacións municipais.

Dende o Grupo Provincial do Partido Popular, que se amosaron en reiteradas ocasións en defensa da participación da cidadanía na elaboración dos orzamentos, consideran a maiores que o presidente da Deputación tamén debe atender a todas e cada unha das administración municipais, sexan da cor que sexan, por ser as voces directas dos veciños.

Porén, a realidade é que Besteiro non traballa para todos, senón para uns poucos e non respecta aos alcaldes como os representantes do municipalismo. “Os rexedores locais dos 43 concellos gobernados polo Partido Popular non senten ao seu carón á Deputación para apostar polo desenvolvemento da provincia recibindo a calada por resposta á petición de reunións”.

Neste sentido, os populares pregúntanse onde está a democracia, a transparencia e a obxectividade cando 15 concellos da cor política do PSOE e do BNG recibiron nun só ano en subvencións excepcionais máis diñeiro que os 67 municipios da provincia en catro anualidades a través do Plan de Obras e Servizos.

Os populares consideran moi difícil de entender que o equipo de goberno da Deputación votase en contra a unha iniciativa na que se pide que se teñan en conta aos rexedores; xa que para que a cooperación funcione precisa do bo coñecemento das necesidades locais froito do diálogo con todos os municipios.

“A Besteiro o que lle molesta non é que a xente opine, é que a xente vote”, concluíron os populares.

Exit mobile version