Os Sendeiros de Foz poñen en marcha os ‘Andareiros verán 2014’ este sábado 12 de xullo coa ruta Senda Costeiroa pola praia de Altar. O sábado 19 realizarán a ruta Ribeira do Masma e o 2 de agosto unha ruta nocturna dende a Xica da Ribeira con chocolatada incluída. O sábado 16 será a quenda da ruta de San Acisclo e o 30 de agosto pecharán estes andareiros para os socios coa ruta das Capelas de Foz. Excepto esta última que ten un prezo de 5 euros, as restantes actividades son gratuítas para os socios e non socios. Os interesados poden inscribirse nos teléfonos 670 369 017 ou 696 236 020 ou a través do enderezo ossendeiros@yahoo.es.