Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Burela votan “en contra da suba das taxas da Escola de Música Municipal”

O pasado mércores 23 de xullo celebramos un pleno para modificar a ordenanza fiscal número cinco, referida as taxas que se aplican na Escola de Música Municipal.

Este pleno foi convocado como extraordinario urxente cando só faltaban dous días hábiles para celebrar o pleno ordinario correspondente o mes de xullo. Polo tanto a nosa primeira sorpresa é a urxencia do pleno cando se pode incluír este punto como un punto normal a debater no pleno ordinario. Xa non é a primeira vez que este alcalde fai convocatorias extraordinarias sen xustificación demostrable, o que indica o pouco aprecio que lle ten ós veciños de Burela o gastar o seu diñeiro en cuestións innecesarias.

Segundo o equipo de goberno a modificación das taxas faise co propósito de mellorar a cantidade de matrículas na Escola de Música, que ultimamente están á baixa ou se manteñen con dificultades, e para iso modifican os prezos e as condicións que se viñan aplicando para impoñer outros novos que, segundo eles máis reducidos, motiven o incremento do alumnado.

O nosos grupo votou en contra desta medida xa que entendemos que non só non se reducen os prezos das matrículas, se non que, pola contra se incrementan.

En primeiro lugar eliminan radicalmente as bonificación que se viñan facendo con respecto os alumnos censados en Burela (despois de estar aplicando esta bonificación durante este últimos tres anos, agora di o señor alcalde que é ilegal) e tamén as bonificación que se facían de acordo coa renda familiar. Esta eliminación das bonificacións sobe os prezos.

En segundo lugar desaparece a categoría do alumnado menor de oito anos, que tiña un prezo máis reducido co resto, e pasan a pagar como se fosen adultos. Esta decisión sobe os prezos.

En terceiro lugar van a pagar a mesma taxa o alumnado de Formación Integral como a da non Integral. A non Integral ten menos carga lectiva e vai a custar 246,53 euros. Isto é subir o prezo ademais dunha inxustiza.

Aparte de outras menores crean unha taxa para grupos (orquestra, banda, coro, taller de jazz, etc.) de 80 euros, que hai que sumar á matrícula normal, xa que a pertenza a algún grupo é obrigatorio. Isto tamén é subir os prezos.

Que o señor Barcia gaste máis enerxía en criticar a decisión da oposición que en xustificar e explicar aos veciños as vantaxes desta modificación das taxas, demostra o pouco rigor e o pouco convencemento que suxeitan as súas argumentacións.

PLENO ORDINARIO O DÍA 29 DE XULLO
A orde do día do pleno ordinario convocado para o 29 de xullo non contén un só punto que sexa importante para os intereses xerais dos veciños de Burela. Limítanse a tratar cuestións administrativas.

Para este pleno o Grupo Municipal Socialista leva dúas mocións.

A primeira é para instar á Xunta a que amplíe a partida orzamentaria para os plans de cooperación xa que son unha ferramenta básica na loita contra o desemprego.

A partida para plans de cooperación do ano 2012 foi de 45 millóns de euros, en 2013 foi de 8.6 millóns e no ano 2014 de só un millón!!!. A rebaixa e escandalosa o mesmo tempo que cambian as condicións para optar a estas axudas. A falla de presuposto afecta a todos os concellos que aproveitaban estas axudas para atender múltiples servizo o mesmo tempo que se xeraba emprego.

A segunda moción e para aplicar no Concello de Burela os Acollementos Civís (Bautismos Laicos). Pretendemos, con estas cerimonias, que sexan unha mostra máis do compromiso que ten o noso Concello cos dereitos dos nenos e o recoñecemento civil e laico que ten como obxectivo final a presentación dos nenos e nenas á sociedade coa que van a convivir.

Exit mobile version