Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Cervo pídenlle a Villares que se preocupe de adecentar as estradas municipais que “a Deputación xa se responsabiliza das súas”

CERVO, 16 DE XUÑO. Os socialistas de Cervo lamentan a actitude do alcalde, Alfonso Villares, en canto á limpeza das estradas de titularidade provincial, “o único que lle preocupa é o enfrontamento coa Deputación de Lugo polo mesmo motivo de sempre, porque é a única administración que non goberna o seu partido”.

Dende as filas socialistas subliñan que “son coñecedores de que a Deputación fai un desbroce anual das estradas que lle son competencia e que tódolos anos cumpre coa súa obriga. Estaban anunciados estes traballos, sabían que quince días máis tarde o persoal da Deputación comezaría coa limpeza desas estradas, pero o alcalde saca máis rédito político cunha foto que envía ós medios anunciando que o Concello asume esas labores”.

Dende o PSOE de Cervo afirman que “é unha mágoa que o señor Villares esté tan pendiente de resolver as obrigas dos demais ata tal punto que se esquece de cumplir coas súas. Tan só basta con pasear por calquer rincón do concello e ver cómo se atopan algunhas estradas polas que sí debería responder”.
Ademais de mala praxis e mal exemplo, os socialistas acusan ó alcalde de “mal uso dos fondos locais, pois o seu capricho de adiantarse á propia Deputación recae sobre os recursos municipais que deberían de ir destinados ó adecentamento das estradas das que se debe ocupar o Concello e que, pola contra, ten abandonadas”.

Exit mobile version