Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Foz cren “desacertadas” as decisións do equipo de goberno sobre a renovación do alumeado da Rapadoira

O grupo municipal socialista móstrase unha vez máis en desacordo coas decisións tomadas polo equipo de goberno do partido popular en Foz.

Nesta ocasión sorprendémonos co anuncio do cambio de alumbrado no paseo da Rapadoira. “Ó noso entender nin son as datas adecuadas para realizar obras nestes lugares -os máis transitados nestas épocas- nin contamos cunha economía tan boiante neste concello -ou polo menos iso é do que se ven queixando continuamente o noso rexedor ó longo destes tres anos-“, asegura Ana Villarino.

“Se de verdade quere cambiar a imaxe da zona, o cal nos parece correcto, que comece por ter en boas condicións os servizos das praias (accesos, duchas, baños), e un bo servizo de limpeza tanto de praias como de rúas e espazos públicos.

Temos que recordarlle que en moitos lugares do concello non é que non se melloren os alumeados, se non que nalgúns casos, sobre todo no medio rural, se procede a eliminar puntos de luz deixando tramos e moitas casas a escuras.

Parécenos que o primeiro que terían que ter feito sería un plan de aforro enerxético, e de seguro que con ese aforro económico poderíanse modificar estes e outros alumeados sen necesidade de facer este desembolso. E o máis importante, que tódolos veciños puideran disfrutar de alumeado público como fixeron sempre”.

Exit mobile version